A igrexa
Igrexa de San Nicolás de VentoxoFoi erguida no século XVII por un mestre da arquitectura chamdo Amaro Guerrero, que tamén traballaría nas dúas parroquias de Presqueiras. A portada é moi sinxela e sobria, e ten un campanario centrado e espadanado con dous arcos peraltados, rematados nunha moldura con pináculos ós lados e unha cruz latina no centro.
Información Guía turística de Forcarei,Verde soño de auga, ceo e pedra |
O curceiro
Curceiro parroquial de VentoxoData do s. XVIII. Cun gran zócalo de apoio, plataforma dobre e base cúbica sinxela. O fuste é octogonal (con comenzo en sección centrada). O capitel composto. A cruz cadrada con vértices redondeados. Imaxe de Cristo de estilo románico, coas costelas moi marcadas, e a figura dun freire (¿San Nicolás?) abrazando a súa perna dereita. Non está moi claro que a outra imaxe sexa a da Virxe ou a de Santa Bárbara. Coroada por dous anxos, baixo dela, catro figuras espidas.
Información Cotaredo nºV (2002) |