Un pouco sobre o poboO pobo de Ventoxo, é a capital da parroquia de San Nicolás de Ventoxo, composta por Fontela, Vilapouca e Ventoxo (Ata o s. XIX tamén se incluia a parte de abaixo de Soutelo). Ainda que é a parroquia máis pequena en extensión, tamén é a que no seu río alberga maior número de muiños, 8 no pasado, dos cales varios foron destruidos por condicións meteorolóxicas adversas.
O nome de ventoxo procede de "ventoso" ou "lugar exposto ao vento", debido a súa altitude e clima, que o fan un lugar con bastante vento. Consérvase unha igrexa do s. XVII e máis un curceiro do s.XVIII |
Algún retrinco da nosa galería
Hola boas...
Estamos moi contentos de que contacte connosco e nos deixe todas as súas opinións, dúbidas ou calquera suxerencia ou crítica que nos poida axudar a mellorar o blog.
Un saúdo, a redacción. |